martes, 19 de enero de 2021

Reiteramos e reproducimos a información publicada neste blog onte e que titulamos "NÓMINA DE XANEIRO".

Despois de que SPJ-USO sacase unha nota hoxe acusándonos de desinformar e confundir, utilizando a súa estratexia de confrontación e provocación permanente, olvidando unha vez mais quen é o verdadeiro enemigo do noso colectivo e contra que deben loitar, STAJ ratifica a información publicada, e cremos que resulta evidente, para todos os que teñen dous dedos de frente, que nos referíamos as cantidades que imos cobrar na NÓMINA DE XANEIRO, NON AS RETRIBUCCIÓNS PARA O 2021, algo que se comprobará en breve cando chegue a nómina. 

STAJ nesa información pon de manifesto que nesta nómina aínda non se ían a reflexar as subas acordadas, en concreto:

-  as suba do 0´9% do goberno estatal, en ningún concepto retributivo.

- nin as correspondentes a traxectoria profesional para este ano, reflexando as cantidades que se van cobrar este mes de xaneiro por corpos, que son as mesmas do ano pasado.

- e tampuco os atrasos e actualización do punto a maiores aos xestores que fan funcións de secretarios nos xulgados de Paz nesta nómina.

STAJ non  dixo que esas cantidades non se foran a cobrar en meses posteriores ao longo do ano 2021, como parece que queren ver dende este sindicato, co gallo de ter, unha vez máis, unha falaz excusa para atacarnos e tentar deixarnos en evidencia, algo que parece os trae obsesionados.

Reproducimos integra a nosa información e o seu titulo, que ainda está publicada no blog de staj galicia e que mantemos   integramente:

NÓMINA DE XANEIRO.

Postos en  contacto cas diferentes Delegacións de Xustiza,salvo adicións de última hora, informan a STAJ das seguintes cantidades que imos cobrar:

- Con respecto a subida salarial aprobada recentemente polo  Goberno para os funcionarios públicas que é do 0,9% non vai ser efectivana  nómina do mes de xaneiro.

- Con respecto ás cantidades que teñen que abonar pola traxectoria profesional informan, que en xaneiro as cantidades son as mesmas que o ano pasado é dicir:

Forenses: 41.92 euros

Xestores: 32.28 euros

Tramitadores: 31.51 euros

Auxilios: 26.74 euros

- E por último con respecto ó 4º punto dos Xestores dos Xulgados de Paz non aclaran se os compañeiros que o teñen que cobrar, asi como os atrasos, o van ou non cobrar nesta nómina.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras