Remitimos este escrito ao Director Xeral de Xustiza:
Dende Xulgado de Primeira
Instancia e Instrucción nº1 de Caldas de Reis levase pedindo persoal de reforzo
dende fai seis ou sete anos, peticións que foron apoiadas por este sindicato
sabedor da necesidade dunha persoa máis que axude a rematar co atraso xerado
por mor de contar este órgano co menos persoal que outros da súa clase, e
ademáis do anterior, por unha constante inestabilidade no seu cadro de persoal, que por
diversos motivos estiveron de baixa ou cambiaron de destino por concurso ou
substitución, e nin uns nin outros foron substituidos pola Administración coa
rapidez desexada, deixando moitas veces pasar meses antes de designar un
interino ou un substituto. Esto foi redundando nun maior atasco e retraso que
se fixo palpable en pouco tempo, e impediu un maior rendimento e eficacia no
desenrolo das funcións e no trámite dos procedementos que se ìan amoreando.
Tamén ten moito que ver neste retraso no trámite a levanza por este órgano do Rexistro Civil, a contar este xulgado cun funcionario/a menos de tramitación que outro ssxulgados similares como o de Lalín ou Marín.
Hai máis dun ano que o Director Xeral de Xustiza ao que me dirixo, se diu conta do problema que existe neste xulgado, e nunha visita a mesmo anunciou a vontade de arranxalo cun aumento do plantel dese órgano nunha persoa máis do Corpo de Tramitación, pero resulta que de momento non nos consta que se iniciase o trámite pertinente que debe rematar co visto bo do Ministerio de Xustiza para a ampliación do cadro de persoal, proceso que si ben e rápido e sinxelo, debe comenzar coa resolución da propia Dirección Xeral e a súa comunicación ao ministerio para que este manifeste o seu visto e prace.
Dende STAJ pedímoslle cumpra co seu compromiso e amplie o plantel do Xulagdo nº 1 de Caldas de Reis, e mentras se leva a cabo o tramite pertinente da amliación do seu plantel nunha praza de Tramitación, cremos que sen demora se debe designar un interino de reforzo do Corpo de Tramitación que preste as súas funcións ata que definitivamente se incorpore a este órgano a persoa que de xeito definitivo veña a ocupar a praza na que se incremente o cadro de persoal deste xulgado, todo co gallo de atallar a crecente retraso na tramitación dos asuntos e no despacho de certificacións e tramites do Rexistro Civil.
Pontevedra a 20 de novembro de 2020.