Na Sede Xudicial Electrónica actívanse novos servizos para a cidadanía que se suman aos xa existentes:
- Presentación de escrito de contestación á demanda de xuízo verbal
- Presentación de escrito de trámite xenérico
Así mesmo, para facilitar a labor no órgano xudicial, esta nova versión inclúe as seguintes melloras en relación coa recepción en Minerva:
- Catalogación automática en Minerva das tipoloxías documentais máis comúns.
- Rexistro automático da contía en Minerva.
- Introdución no formulario do procedemento monitorio do dato da conta bancaria do demandante para facilitar aos órganos xudiciais a xestión do requirimento de pago ó demandado.
Podes consultar tódolos detalles da nova versión v. 01.24.00 na folla de novidades e consultar máis información sobre a Sede Xudicial Electrónica na guía dispoñible no seguinte enlace.
Nesta nova versión tamén se inclúen melloras orientadas aos cidadáns:
- Simplificación do sistema de autenticación para moverse entre presentación de escrito e "A miña carpeta".
- Recuperación dun borrador desde "A Miña Carpeta" no que incorporara documentación antes de gardalo.
- Asistencia técnica guiada e automatizada, para axudalo na resolución das súas
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras