No
día de onte, tras convocatoria previa, tivemos a reunión mediante o sistema de
videoconferencia, da Comisión Paritaria de Interinos, para tratar o
problema actual existente para cubrir as prazas que quedan desocupadas por
estar esgotadas moitas listas das diferentes provincias.
No mes de xuño deste ano entrou en vigor a nova Bolsa, e xa no mes de xullo, decataronse do problema actual, que desde STAJ xa denunciamos con anterioridade. Daquela fixeran un borrador, que vos dimos a coñecer, donde se pretendía encher os sitios valeiros das diferentes bolsas con persoas que tivesen traballados, polo menos 2 meses na Adminstracción de Xustiza ou hubesen aprobado exámenes das últimas oposicións.
Esa inclusión chocaba co dereito de igualdade, e así llo
fixemos saber á DXX, pois aos que xa están nas bolsas se lle pedirá, no seu
momento, unhas condicións distintas e non se lles puntuara méritos novos( 6
meses de experiencia, exámanes aprobados, pero non desa última convocatoria), o
que obrigaba a abrir as bolsas de novo, para que todos puidesen loitar por un posto coa posibilidade de aporta os mesmos méritos e
entrar cos mesmos criterios de acceso. Esta fómula, que iba levar mais dun ano
realizala, descartouse.
Onte
a DXX, sen aportar formalmente ningunha proposta, falou da posibilidade de facer
unha nova bolsa, empezando de cero, ampliando o número de membros de cada unha
e rebaixando os requisitos, tamén deixou caer a posibilidade de que se fixese
unha bolsa continua, actualizándose os méritos cada certo tempo, pero non fixo
proposta ninguha, e invitou aos sindicatos que lle aportáramos ideas para levar a cabo unha
reforma rápida e efectiva que solucione o grave problema da falta de persoal
canto antes.
STAJ, onte na propia reunión, de xeito verbal, realizou unha proposta que cremos de fácil e rápida realización, xusta porque non quita dereitos a ninguén e que cumpre cos criterios de igualdade.
Deixamos as
caracteristicas mais importantes desta
proposta, que a propia Dirección Xeral incluiu ao final nas súas recomendacións para valorar polos sindicatos de cara a próxima reunión,
e que desenrolaremos mais amplamente por escrito para aportarlla a propia Administración:
-.
En STAJ cremos que a solución está en mofificar a Orde de interinos e crear
unha bolsa secundaria ou suplementaria por cada corpo e por cada provincia.
-.
Estas bolsas sería cerradas cun número a determinar de integrantes, e
funcionarian, en canto a selección, cesamento e orde nas mesmas, como as actuáis
bolsas de traballo e reserva. Estas bolsas nada terían que ver coas actuáis de
traballo e reserva, sen relación ningunha, dándoselles preferencia absoluta as
bolsas actuais.
-. Os integrantes des mesmas, ao poder ser
seleccionados con criterios e méritos distintos e en base ao principio de
igualdade, NUNCA poderían pasar as bolsas actuáis de traballo e reserva, NIN
cubrir os postos valeiros de ningnha delas. Despois de cesar quedarían nas
bolsas secundarias no lugar que lle correponda.
-.
Poderán cambiarse os requisitos de acceso para non limitar moito o número as
persoas que os poidan cumprir, e asi pediríase menos tempo traballado ( 2 meses, exámenes aprobados das últimas convocatorias), permitindo
tamén poder presentarte á bolsa dun corpo
cando tes a experiencia mínima noutro,
ainda que con memos puntuación polo tempo traballado e empre que se conte coa titulación,
podendo, incluso, valorarse outros méritos que non
se tivesen en conta nas bolsas actuáis, etc.
Esta
proposta que STAJ propuxo onte verbalmente será a que mandemos por escrito a DXX
e que levemos a próxima reunión, por considerar que soluciona o problema de
falta de efectivos de xeito rápido e sen perxudicar a ninguén, despois xa haberá
tempo de negociar e acometer unha reforma en profundidade das bolsas pero xa con máis calma e sen tanta urxencia.