Dende a Dirección Xeral de Xustiza remítennos o seguinte correo electrónico no que se informa da modificación das retribucións do posto de Xestor/a que fan funcións de LAJ. A modificación consiste no aumento nun punto por valor de 28,62 euros mensuais, que comezaranse a pagar en canto se publique o acordo no DOG e que serán abonados con caracter retroactivo aos últimos 5 anos.
Con esta decisión a Xunta accede ao solicitado reiteradamente dende STAJ
en diversos escritos presentados ante a DXX pedindo que se procedese de forma
inmediata ao pago de este punto a maiores, do mesmo xeito actuamos nas mesas de
negociación nas que de forma presencial tivemos a oportunidade de defendelo e
solicitalo, e todo elo tendo diversas
sentenzas gañadas que recoñecías este dereito a varios compañeiros e que agora
a Xunta comezará a pagar de forma voluntaria e xeneralizada.
A Xunta instanos a que no prazo de cinco días manifestemos a intención de subscribir o devandito acordo. Dende STAJ adiantamos a nosa clara intención de asinar dito acordo e así comunicaremosllo a DXX.
O contido literal do correo electrónico é o seguinte:
"Remítese, a vista das alegacións presentadas e logo dos trámites oportunos, a modificación do Proxecto de acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de xustiza sobre a modificación das retribucións do posto de Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV–D), para os efectos de retribuír, nun punto adicional, o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz.
No prazo de 5 días hábiles (ata o día 10.07.2020, incluído), as organizacións sindicais que desexen subscribir o devandito acordo deberán poñelo en coñecemento desta dirección xeral mediante a oportuna comunicación que se remitirá ao seguinte enderezo electrónico: xuridico.rrll.xustiza@xunta. gal."
Ver o contido íntegro do acordo
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras