martes, 7 de julio de 2020

Publicado no DOG o acordo da "traxectoria profesional".

Hoxe publicouse no DOG o Acordo da traxectoria profesional, como sabedes STAJ non o asinou, pero non vos deixedes confundir, STAJ non está en  contra de que cobredes estas cantidades,  STAJ intentou que se mellorara o texto facendo propostas que a Xunta rexeitou sen mais, e que os tres sindicatos asinantes non apoiaron.

STAJ non asinou porque non é o texto que queríamos nin que necesitamos, e por eso non o avalamos coa nosa sinatura, nin lle dimos un espaldarazo a un texto que discrimina, non asegura as cantidades para anos vindeiros, non recoñece a antiguidade nin paga as cantidades correspondentes a cada grao de entrada, entre outras cousas.

Por outro lado xa sabíamos que se ia a aprobar, pois os tres sindicatos xa manifestaran a súa disposición a  asinalo, incluso, con anterioridade a falsa negociación, disposición a asinalo tal cual estaba sen necesidad de cambiar unha coma,  deixando claro que nin contaban coa sinatura de STAJ nin a querían nin  necesitaban.

STAJ no o asinou o acordo pero non se opón a que o aproveitedes, este colectivo non está para tirar os cartos, pero consideramos que non é un bo Acordo, e que si as propostas de STAJ fosen apoiadas por os tres sindicatos asinantes poderíamos ter un texto moito mais xusto e ambicioso .

Aínda que xa vos expuxemos  as nosas razóns, tanto de forma como de fondo, para non asinar, lembrámosvos algunhas delas:

-     Por no recoñocerse os anos de antiguidade dende un principio, éntrase no grao 1 teñas 5 ou 40 anos de servizos.

-     Por non cobrarse a cantidade correspondente a cada grao dende o primeiro momento, en algúns casos e tarda ata 4 anos, alongándose artificialmente o seu cobro total.

-     Por non ponerse no texto do Acordo as cantidades concretas de cada ano e cada grao, solo figuran as cantidades anuais do grao 1, despois sa fala de porcentaxes pero sin cantidade concreta e deixa as cantidades para o que fixen as disposicións orzamentarias cada ano. Esas cantidades coas que algún fixeron un cadro, porque non están no Acordo reflexadas?

-     Por discriminar a Médicos Forenses e Xestores ao obligarles a estar un ano mais en cada un dos graos que aos Tramitadores e Auxilios, tardarían 4 anos mais en completala a traxectoria profesional.

-    Por discriminar ao persoal interino, este Acordo non se lle aplica, e se lle aplicara un futuro Acordo que se faga para o persoal interino da Administración da Xunta de Galicia. Traballan en Xustiza, hai que aplicarle para ben ou para mal este Acordo non outro.

-     Porque o que chamán no acordo  “Clausula de salvagarda” une o destino deste acordo, das súas anualidades e das súas porcentaxes, ao que suceda na Administración Xeral da Xunta de Galicia, empeorándose as condicións deste si na Xunta empeoran.

-     Porque cremos necesario que esas cantidades que se adicionan ao CAT e ao CE deben quedar consolidadas neses mesmos complementos cando se aprobé o Real Decreto que desenrole  e  pague a verdadeira Carreira Profesional, pois despois eses cartos viran do Estado e a Xunta xa non terá que poñelos, polo que os aforrará.
Ver no DOG o texto do Acordo 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras