A
Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados aprobou este martes, cunha ampla
maioría, o proxecto de lei para evitar o colapso da Xustiza tras o parón
provocado polo estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus e ante a
avalancha de asuntos que se prevén coa reactivación dos xulgados e tribunais. O
texto será remitido ao Senado para que conclúa a súa tramitación e sexa
aprobado definitivamente.
Entre
as medidas que acordaron a maioría dos partidos inclúese deixar sen efecto una das que máis críticas suscitou entre os
operadores xurídicos, entre eles avogados e procuradores, como é habilitar do 11 ao 31 de agosto para
todas as actuacións xudiciais, xa que se tratan dunha competencia atribuída
do Consello Xeral do Poder Xudicial.
O grupo socialista defendeo a necesidade de que os prazos previstos para
a celebración de xuízos telemáticos, a
limitación ao acceso ás salas de vistas, a atención ao público ou a dispensa de
uso de togas vaia máis aló do establecido
(tres meses despois da finalización do
estado de alarma) e prolónguese polo
menos un ano, segundo destacan na exposición de motivos da emenda aprobada
e outras presentadas.
PREMA AQUI PARA VER A NOTICIA
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras