viernes, 17 de julio de 2020

EGAP. Convocatoria de Curso Superior de Administración Electrónica

Publicada no DOG a Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se convoca o Curso superior de Administración electrónica 2020.


Este curso pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que as persoas ás que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito, completando a súa formación no dereito da informática.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras