Hoxe publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade da convocatoria e dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Ámbito persoal e beneficiarios.
1. Ámbito persoal e beneficiarios.
1.1.
Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos
seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses,
xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e
mais auxilio xudicial.
O persoal
referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das
solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de
fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes
requisitos esixidos polo presente programa de atención de persoas
discapacitadas do Fondo de Acción Social.
1.2.
Tamén poden solicitar a axuda:
a)
Aquelas persoas que prestaran servizos como funcionarios interinos da
Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período
comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 15.7.2019) e a
finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) Os
funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período
comprendido entre o final da acción social do ano pasado (15.7.2019) e a
finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria
prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito
período.
1.3.
Terán a condición de beneficiarios:
a) Os
solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior
ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.
b) Os
solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores,
teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas,
cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por
consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme
con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.
No caso
de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo
ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores,
percibirá a axuda para cada unha.
1.4. No
suposto de que dúas persoas teñan a condición de beneficiarios respecto do
mesmo causante, só unha delas terá dereito á axuda.
1.5. A
percepción das axudas deste Fondo de Acción Social é incompatible coa
percepción doutras axudas de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia
ou calquera outra Administración ou organismo oficial ou empresa privada.
2.
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo
de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a
partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de
Galicia.
3.
Solicitude e formas de presentación.
3.1.
Formulario electrónico de solicitude e identificación do solicitante.
As
persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario
electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da
Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es, para o cal están
habilitadas dúas modalidades de identificación:
a) Se
se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de
identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou
outro), poderase acceder con este e a súa correspondente clave.
b) De
non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes
accederán á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal. Para o caso de que o
sistema non recoñeza o usuario como válido ou de que este non lembre o seu
contrasinal, farase uso da opción habilitada na OPAX para estes efectos.
3.2.
Cubrición da solicitude.
Unha
vez realizada a identificación, o solicitante deberá seleccionar na OPAX a
opción correspondente ao Fondo de Acción Social e cubrir todos os campos.
A
solicitude será única por solicitante, e no caso de existir máis dunha persoa
causante, deberán introducirse naquela os datos de cada unha delas.
O
sistema precargará, de ser o caso, datos de anteriores convocatorias, que o
usuario deberá validar ou modificar.
Logo de
encher a solicitude, esta gravarase provisionalmente como borrador. O dito
borrador poderá ser consultado, modificado ou eliminado, pero non será válido
para a súa presentación.
A
persoa solicitante, despois de comprobar que todos os datos son correctos,
deberá validar a solicitude, momento a partir do cal non se poderá nin
modificar nin eliminar.
3.3.
Forma de presentación.
As
persoas solicitantes deberán presentar a solicitude da seguinte forma:
a) Os
funcionarios de carreira en situación de servizo activo ou de excedencia por
coidado de fillos, así como o persoal interino que estea a prestar servizos no
momento de presentar a súa solicitude, realizarán a sinatura da solicitude e
mais a presentación desta de forma telemática, para o que farán uso do
certificado de empregado público ou doutro certificado dixital recoñecido. O
sistema asignará un número e selo de tempo que acreditará a presentación, sendo
posible obter do sistema un xustificante desta.
b) As
persoas solicitantes que non se atopen traballando e cumpran coas condicións
recolleitas nos puntos 1.2 e 1.3 da presente convocatoria terán dúas opcións:
ou ben poderán asinar e presentar a súa solicitude electronicamente, empregando
un certificado dixital recoñecido de acordo co procedemento descrito na letra
a) anterior; ou ben poderán realizar a presentación imprimindo o formulario
validado da solicitude, que deberá ser asinado e rexistrado, xunto coa
preceptiva documentación complementaria, en calquera dos lugares previstos no
artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo
común das administracións públicas.
Ver a Resolución no DOG
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras