lunes, 15 de junio de 2020

STAJ informa: publicado na INTRANET o plan de VACACIÓNS 2020

Publicado na intranet o plan de vacacións para o ano 2020, deixamos un resumen do mais importante e o o fondo enlace ao texto íntegro:

Duración: vinte e dous días hábiles, ou dos días que corresponda proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor.

No suposto de completar os anos de antigüidade na Administración que a continuación se indican, terá dereito ao gozo dos seguintes días de vacacións anuais:

– Quince anos de servizo: vinte e tres días hábiles. – Vinte anos de servizo: vinte e catro días hábiles. – Vinte e cinco anos de servizo: vinte e cinco días hábiles. – Trinta ou máis anos de servizo: vinte e seis días hábiles. Os ditos días poderán gozarse dende o día seguinte ao de cumprimento dos correspondentes anos de servizo.
  
Duas tempadas:

TEMPADA “A”:
Do 01/07/2020 ata o 30/09/2020.
Semana Santa: do 6/04/2020 ata o 12/04/2020.
Nadal: do 21/12/2020 ata o 10/01/2021.

TEMPADA “B”:
Do 07/01/2020 ata o 06/04/2020.
Do 13/04/2020 ata o 30/06/2020.
Do 01/10/2020 ata o 20/12/2020.
Do 11/01/2021 ata o 31/01/2021.

Solicitude e presentación:

Tramitaranse obrigatoriamente a través da oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX). Excepcionalmente, no caso de que por razóns de índole técnica non se obtivera o visado electrónico do superior xerárquico, poderánse remitir aos seguintes correos electrónicos:

A Coruña.- servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Lugo.- persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Ourense.- sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
Pontevedra (Vigo).- servizoxustiza.vi@xunta.es


Plazo de presentación:

  • Para vacacións durante a tempada “A”:

As vacacións de verán solicitaranse ata o 19 de xuño, as de Nadal ata o 15 de decembro.

  • Para vacacións durante a tempada “B”:

Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.

- PORCENTAXES DE PERMANENCIA DE FUNCIONARIOS NA UNIDADE SEGUNDO OS TIPOS DE CENTRO DE TRABALLO:

Durante a tempada A deberá permanecer na unidade ou servizo, como mínimo, o 50% do cadro de persoal. No mes de agosto a porcentaxe de permanencia mínima será do 33%, agás nos rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo, onde a permanencia mínima durante o mes de agosto será do 50%. Durante a tempada B deberán permanecer como mínimo os seguintes efectivos, segundo o tipo de centro:
9.1. Tribunais (Tribunal Superior de Xustiza, audiencias provinciais): 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.2. Xulgados mixtos: 75% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.3. Xulgado de instrución: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.4. Xulgados de primeira instancia, do mercantil e do social: 80% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.5. Xulgados do penal, de violencia sobre a muller, de menores e de vixilancia penitenciaria: 75% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.6. Rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo: o 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.7. Xulgados de paz: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.8. Fiscalías: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina fiscal respectiva.
9.9. Servizos comúns, decanatos e outras oficinas e servizos: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.

Ver Programa anual de vacacións 2020

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras