martes, 2 de junio de 2020

Publicación definitiva da bolsa de interinos en Galicia

Hoxe procedeuse á publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.

As listaxes poden consultarse na OPAX seguindo a ruta Bolsa de interinos -> Listaxes.
Unha vez en vigor as novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán anuladas, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.
Para consultar a nota informativa preme aquí.

Enlace ás listaxes

 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras