sábado, 6 de junio de 2020

Orde pola que se activa a Fase 3 da desescalada na Administración de Xustiza

NO DIA DE HOXE PUBLÍCASE NO BOE A ORDE POLA QUE SE ACTIVA A FASE 3 DA DESESCALADA NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
Os funcionarios que actualmente se atopan de permiso por deber inexcusable, manteñen a súa vixencia na nova fase 3, pero extinguindo os seus efectos o 21 de xuño de 2020 co fin do estado de alarma.

En todo caso, a excepcional utilización deste permiso na actual situación quedará restrinxida aos casos debidamente acreditados e xustificados, polo tempo indispensable para o cumplimiento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.
 TELETRABALLO : 
Regularase de forma específica o teletraballo a nivel Ministerio. Serán os responsables de cada unidade, con criterios de atención ás necesidades de servizo os que determinen, no caso de existir medios, que funcionarios (nunha horquilla entre o 30 e 40 por 100 e con obrigación de asistir dous días ao Xulgado) poden teletraballar.  Os servizos na modalidade de teletraballo prestaranse no mesmo horario habitual en que viñese desenvolvendo o horario presencial antes da declaración do estado de alarma. En todos os casos o horario será  de 09:00 a 14:30 horas e o funcionario terá a obriga de atoparse a disposición telefónica. 
Darase preferencia no acceso ó teletraballo aos funcionarios con especial sensibilidade fronte á exposición ao COVID-19 e aos que teñan permiso concedido por deber inescusable. Cando conclúa o permiso por deber inescusable, os funcionarios que teñan fillos menores de catorce anos ou outras persoas dependentes ao seu cargo, seguirán mantendo esta preferencia de acceso ao teletraballo.
Na fase 3 o personal con teletraballo quedará excluido das quendas presenciais, aínda que terá que acudir ó órgano 2 días por semana presencialmente (coa excepción dos funcionarios de grupos de risco).
OS AFECTADOS POLO COVID 19 NON PODEN SER CHAMADOS A TRABALLAR PRESENCIALMENTE , PERO SÍ PODERÁN TELETRABALLAR
Non poderá ser chamado a prestar servizos de forma presencial o persoal que teña recoñecidos  permisos por patologías susceptibles de agravarse por efecto da exposición ó COVID-19,  en tanto non se verifique pala autoridade competente en que condicións pode prestar servizo presencial en situación de seguridade. Na práctica os afectados xa están a recibir as comunicacións do servizo de prevención. Estes funcionarios sempre que existan medios materiais para iso prestarán os seus servizos na modalidade de teletraballo.
A duración das excepcións destes traballadores de especial sensibilidade está vinculada á evolución da pandemia e ao disposto polas autoridades sanitarias.
QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE
En cada un dos Órganos, Servizos ou Unidades, se o número de funcionarios que prestan servizos de xeito presencial permite a cobertura do servizo gardando as medidas de seguridade recomendada polas autoridades sanitarias, non se habilitará a quenda de tarde.
 Boe


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras