jueves, 18 de junio de 2020

Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde: venres, 19 de xuño

Acabamos de recibir mail da Dirección Xeral para a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde que se celebrará mañá, venres, día 19 de xuño ás 10:00 horas, por videoconferencia.

Temas a tratar: COVID

Medidas de protección 

Quendas de tarde

Persoal especialmente sensible

Tratarase o tema do DEBER INEXCUSABLE no que  STAJ vai solicitar que siga en vigor cando os motivos así o xustifiquen  así como do TELETRABALLO , no que instaremos que se continúe  máis alá do estado de alarma e adquira unha condición de permanencia na administración de xustiza.

Tamén trataremos sobre o HORARIO. STAJ solicitará que se continúe con este horario e coas mesmas franxas horarias todo o verán,  alomenos ata o 15 ou 16 de setembro.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras