sábado, 9 de mayo de 2020

STAJ INFORMA: Convocatoria da DXX para “reunión informativa”

Dende a Dirección Xeral de Xustiza remítesenos correo co seguinte contido literal:

“De orde do director xeral de Xustiza, convócaselles a reunión informativa sobre a Orde JUS/394/2020, de 8 de maio, pola que se aproba o  Esquema de Seguridade Laboral e o Plan de Desescalada para a Administración de Xustiza ante o COVID-19.
Data: 11 de maio
Hora: 11:00”

Como podedes observar convócasenos para “reunión informativa”, nada de mesa de negociación. Volvemos insistir en que isto é INACEPTABLE, non necesitamos que nos convoquen para informarnos, para iso sinxelamente podemos ler e analizar o que publiquen, o que se necesita é que os lexítimos representantes dos traballadores sexan convocados para negociar, é dicir para solicitar e intercambiar opinións, para transmitir información, para facer alegacións e propostas,  para afrontar conxuntamente un determinado asunto, debater e tentar chegar a un acordo. Non é difícil de entender, estamos ante unha modificación sen precedentes das nosas condicións laborais e iso require a participación no devandito proceso do colectivo ao que afecta maioritariamente. Isto non é o que pedimos, a Dirección  Xeral de  Xustiza debe rectificar e formular a convocatoria adecuadamente.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras