martes, 19 de mayo de 2020

STAJ pide un protocolo para a manipulación con seguridade dos expedientes en papel.

Despois de que o pasado 3 de maio de publicase no BOE a Orde 388/2020 do Ministerio d Sanidade, e nela establecese como se debe proceder, para non contaxiarse, no caso de consulta persoal e manipulación dos documentos que se conservan nos arquivos a disposición do público en xeral e dos textos e libros que se gardan nas bibliotecas públicas, dispoñendo no caso de ser examinados in situ a súa corentena que pode chegar ata os 10 días sen poder ser examinados nin manipulados de novo, polo risco latente que teñen.

O propio Ministerio de Sanidade en varias da súas recomendacións asegura que no caso de manipulación de papel ou carton o virus pode manterse activo neses soportes entre tres horas e dous días dependendo da temperatura e do da humidade.

Sabemos da dificultade que entraña someter a  corentena aos expedientes nos xulgados, se cada vez que os manipula alguén se teñen que gardar varios horas ou incluso días, suporía ralentizar en exceso a continuación do procedemento, pero tamén e certo que existen evidencias de que o virus sobrevive activo no papel e no cartón, polo que pedimos ao Comite de Seguridade e Saúde que requira con urxencia do Servizo de prevención da Xunta de Galicia un protocolo ou guia de actuación para a manipulación con seguridade, ou no seu caso desinfección, dos expedientes dos Xulgados e Fiscalias e dos libros do Rexistro Civil sobre todo aqueles que tocan ou manipulan persoas alleas ao persoal do xulgado, como pode ser os profesionais ou as partes no propio xulgado ou cando se celebran xuizos, declaracións, comparecencias, vistas ou pasan dos xulgados a Fiscalía ou viceversa. 


VER ESCRITO PRESENTADO


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras