Despois de que STAJ solicitara nas reunións do propio Comite de Seguridade e Saúde Laboral e por escrito un protocolo de actuación e medios e medidas de seguridade especificas para os SCNE e para os Auxilios e Xestores da localidades onde non existen os SCNE http://stajgalicia.blogspot.com/2020/05/staj-solicita-medidas-especificas.html , hoxe a DXX nos remite o que eles chaman unha EVALUACIÓN DE RISCO BIOLÓXICO, onde se expoñen os riscos , se recomendan medidas de protección e de actuación no caso do persoal dos SCNE, nós cremos que é extensible a todo o persoal que sae das sedes xudiciais a realizar actos de comunicación directamente cos interesados en domicilios, empresas, comercios, etc.
Ainda que hai cousas que si nos parecen interesantes e outras que STAJ solicitou, queda lonxe do que realmente necesitades e deixa entrever que o tecnico que realizou este estudo e esta guia, pouco ou nada sabe das funcións, dos riscos e da casuística coa que vos podedes atopar na practica dunha dilixencia fora das sedes xudiciais.
Ver GUIA ou protocolo
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras