domingo, 12 de abril de 2020

Servizos mínimos: posible aumento da presencialidade nas sedes xudiciais.

O pasado venres tiveron unha videoconferencia as CCAA co Ministerio de Xustiza, na que se tratou  a situación na que quedarían os servizos mínimos na Administración de Xustiza a nivel nacional apartires de mañan luns, unha vez que se desactivou o estado de alarma que supuxo unha maior restricción da movilidade no ámbito laboral.

Desa reunión trascendeu, "hai que tomalo como algo oficioso" que as CCAA  en coordinación co Ministerio de Xustiza acordaron manter os servizos actuais durante mañán  luns día 13.

Será durante esta tarde-noite ou oa longo de mañan  luns, cando o Ministerio primeiro, e despois as CCAA sacaran unhas novas Resolucións,  e será a partires do martes cando entren en vigor as novas dotacións de persoal encargado de realizar eses servizos esenciais.

En principio a idea é aumentar o persoal que preste servizo de xeito presencial, trascendendo neste sentido que, salvo excepcións, non se obrigaría a  acudir persoalmente a máis dunha persoa por xulgado, oficina ou servizo.

Dende STAJ estaremos vixiantes para que si esto ocurre, se cumplan estrictamente os protocolos vixentes e se proporcione a todo o persoal que debe prestar servizos presenciais os equipos de protección individual e colectivos obrigatorios.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras