As tres mutualidades administrativas estamos a traballar para diminuír a mobilidade dos pacientes que necesiten receitas aos centros de saúde de cada unha das Comunidades Autónomas. Nese sentido, está a traballarse para incorporar, aos mutualistas adscritos aos diferentes Servizos Públicos de Saúde nos sistemas de receita electrónica das diferentes Comunidades Autónomas. Esta incorporación será de maneira extraordinaria, mentres siga vixente o estado de alarma.
Durante o estado de alarma decretado con ocasión da crise sanitaria internacional provocada pola propagación do COVID-19, as comunidades autónomas e as tres mutualidades administrativas arbitraron solucións provisionais alternativas. Sen ser un sistema permanente, senón ligado á crise sanitaria e o estado de alarma, en todas elas salvo en Madrid garántese que o mutualista fará a achega económica que lle corresponde segundo medicamento no ámbito MUGEJU.
Polo momento, os mutualistas adscritos aos seguintes Servizos de Saúde poden facer uso do sistema de receita electrónica:
Servizo Valenciano de Saúde: a partir do 27 de marzo de 2020
Servizo de Saúde de lles Illes Balears: a partir do 6 de abril de 2020
Servizo Madrileño de Saúde: a partir do 4 de abril de 2020
Servizo Galego de Saúde: a partir do día 1 de abril de 2020
Servizo Vasco de Saúde: a partir do 16 de abril de 2020
Servizo de Saúde de Castela e León: a partir do 9 de abril de 2020.
Os mutualistas adscritos a estes Servizos de Saúde, poderán acudir ás oficinas de farmacia situadas nestas CCAA, provistos da súa Tarxeta Sanitaria Individual, para que lles dispensen os produtos farmacéuticos prescritos no sistema de receita electrónica, podendo deste xeito obter os seus produtos farmacéuticos nas mesmas condicións económicas que co anterior sistema de receita en papel de MUGEJU.
Peculiaridade en Galicia
A singularidade é que o mutualista deberá levar á farmacia, unha vez realizada a prescrición electrónica por elfacultativo, as receitas en branco de MUGEJU que se precisen, e neste caso abonará a achega que lle corresponda, sen necesidade de reintegro posterior.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras