ACORDOS
ADOPTADOS POLA COMISION PERMANENTE DO CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL NA
SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 2 DE ABRIL DE 2020
O CXPX informou
favorablemente a proposta resolución da Dirección Xeral de Xustiza da
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza da Xunta de Galicia, pola que se modifica a relación de postos de
traballo das oficinas fiscais da Administración de Xustiza na Comunidade
Autónoma de Galicia, coa creación das seguintes prazas nas oficinas fiscais de
Galicia:
En vista deste informe favorable, soamente fáltalle á Xunta recibir o visto bo do Ministerio de Xustiza, se é que non o ten xa, para poder sacar estas prazas no próximo concurso de traslados.
ÓRGANO XUDICIAL
|
CXPA
|
CTPA
|
FISCALÍA
PROVINCIAL DA CORUÑA
|
1
|
1
|
FISCALÍA
DE ÁREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
|
2
|
|
FISCALÍA
DE ÁREA DE VIGO (PONTEVEDRA)
|
1
|
2
|
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras