O pasado mércores 29 de xaneiro a Dirección Xeral de Función Pública mandounos unha comunicación por mail onde nos remitiu un cadro coas PROPOSTAS DE REPARTO das cantidades que nos correspoderían polas subvencións que
a Xunta de Galicia destina ós Sindicatos
con motivo das eleccións sindicais do ano pasado, concedéndonos a posibilidade de alegacións. Esta partida é solo unha das
moitas que as Organizacións Sindicais reciben do Estado, da Xunta e de determinados
Concellos.
Fiel aos principios do Sindicato, STAJ GALICIA RENUNCIOU un ano máis ás SUBVENCIÓNS que lle corresponderían da Xunta, pola representación obtida nas
pasadas Eleccións do ano 2019. Dende
STAJ pensamos que os Sindicatos deben financiarse exclusivamente a través das
cotas dos seus afiliad@s, para manter a independencia e autonomía que se lle
esixe a unha Organización Sindical respeto da Administración que recorta os nosos
dereitos e contra a que debemos de loitar sen ningún tipo de ataduras
ideoloxicas, políticas e moito menos económicas.
Cremos que os millóns de euros que entre tódalas
Administracións lles REGALAN aos Sindicatos co ánimo de domesticalos, deberían
empregarse en sufragar o recorte que sufrimos na nómina e a mellorar o servizo
e a Administración de Xustiza, e advertimos a Administración que en EN
NINGÚN CASO ha de destinarse a suma da subvención renunciada por STAJ a
incrementar a suma que lle corresponda ao resto das Organizacións Sindicais.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.