jueves, 6 de febrero de 2020

Recordatorio para elección da bolsa de interinos

No dia de hoxe acábase de recibir un correo do Servizo de Persoal da D.X. de Xustiza recordando que, o día 11 de febreiro,  finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos.
É moi importante ter en contra que non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple gravado de datos xérase únicamente un borrador, que hai que validar e presentar, sexa electrónicamente, con certificado dixital ou DNI electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas.
A consecuencia de non presentar a elección da bolsa en prazo, segundo o artigo 10.2 da Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia é a desistencia dos aspirantes de todas as súas solicitudes.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.