viernes, 13 de diciembre de 2019

STAJ pide o cambio das cadeiras do novo edificio xudicial de Pontevedra.

Hoxe enviamos este escrtio por fax.

Enrique Araújo Martínez en calidade de representante do Sindicato de Traballadores/as da Administración de Xustiza en Galicia (STAJ).

Fai pouco máis dez días que empezou o traslado dos  tres Xulgados do Contencioso-Administrativo ao edificio xudicial novo de Pontevedra, o último que chego foi o número tres que fai escasamente unha semana que está nesa nova sede xudicial.

O mércores nunha visita que efectuei a ese xulgados puiden comprobar, tralas queixas de todolos/as traballadores/as, que as cadeiras que teñen son de escasa calidade, tanto polos materiais empleados na súa fabricación como polo seu deseño e confort. Non contan con repousabrazos, o respaldo e rixido, non se pode graduar, resultan incomodisimas pola postura que che fan adoutar ao ser rixidas no seu deseño e con respaldo demasiado arqueado, e o peor de todo, xa romperon catro delas polo mero uso.

Non debemos olvidar que as cadeiras deben ter un deseño, unhas medidas e uns mecanismos que permitan unha postura cómoda, pero ao mesmo tempo saudable e que se poidan axustar e regular as circunstancias morfoloxicas de cada persoa o mellor posible. Non se deben escatimar cartos neste tipo de material de oficina, debemos tratalo como unha inversión en saúde laboral non como un gasto, pois a larga os perxuizos para todos serán moito maiores.Tamén se debe ter en conta que nos pasamos moitas horas sentados e case sempre na mesma posición, que somos un colectivo cunha media de idade alta, propensos, por iso mesmo, a  lesións e problemas de lumbago, cervicais e outras doenzas relacionadas coa zona lumbar, e sabemos que a  causa principal son as posturas forzadas e mantidas no tempo.

Tralo exposto, solicito que se cambien as cadeiras coas que contan tódolos xulgados ubicados no novo edificio xudicial de Pontevedra, por outras que conten con repousabrazos e o respaldo non sea rixido e se poida graduar a medida de cada quen. Por suposto, que ademais non estaría mal que fosen mais resistentes e non rompesen aos poucos días.

Pontevedra a 12 de decembro de 2019.


DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA.
Subdirección Xeral de Medios. Rúa de Madrid 2-4, 2º andar.
SANTIAGO DE COMPOSTELA

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.