O Ministerio informounos de que nesta semana sairá no
BOE/BOE publicado a listaxe definitiva de admitidos, xa que foron saíndo estas
listaxes progresivamente en aras a poder celebrar os procesos selectivos en
xuño, e aínda falta a lista definitiva total. Posteriormente, ao día seguinte
ou no prazo máximo de 48 horas, o Ministerio publicará as notas provisionais de
ambos os procesos.
TRAMITACIÓN P.A. E
XESTIÓN P.A. (QUENDA LIBRE) Convocatoria
Tramitación Procesual: O Ministerio de Xustiza informa que sairá publicada a
convocatoria a finais de agosto (posiblemente o día 31) pero non confirma data.
Pode mesmo atrasarse aos primeiros días de setembro.
Datas de exames de
Xestión Procesual e Administrativa (quenda libre): Segunda quincena de outubro, probablemente a fin de
semana do 26-27.
Datas de exames de
Tramitación Procesual e Administrativa (quenda libre): Posiblemente no mes de novembro, apuntando á segunda
quincena, descoñecendo neste momento máis datos.
LEMBRAMOS QUE SE TRATA
DUNHA DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS DO MINISTERIO,
que é posible que non se axuste a realidade, pero esperamos que non xurdan
novos atrasos e se cumpla con este calendario.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.