viernes, 19 de julio de 2019

STAJ informa: Sobre a utilización do correo electrónico na presentación de instancias do concurso de traslado

Este ano a confección de instancias para participar no concurso de traslado farase mediante a aplicación informática habilitada para o efecto polo Ministerio de Xustiza. Unha vez confeccionada a instancia, haberá que imprimila, asinala e  escanearla, para enviala por correo electrónico á dirección de correo que se especificará na convocatoria. Só poderá presentarse en Rexistro en determinados supostos (ver casos ao final desta nota)*

O  ENVIO DA SOLICITUDE DEBE FACERSE DESDE O CORREO CORPORATIVO, non sendo válido o uso de contas de correo privadas.

En Galicia todos os funcionarios temos unha conta de correo corporativo asignada, cuxa estrutura adoita ser:

nome.apelido1.apelido2 @ xustiza. gal

A esta conta de correo corporativo accédese desde a INTRANET, pero tamén se pode acceder desde calquera ordenador, incluso desde o particular da nosa casa, entrando no Servicio Web ao Funcionario da Administración de Xustizaou simplemente poñendo no navegador a seguinte dirección:


SE NON LEMBRAS O TEU USUARIO E/OU O CONTRASINAL, DEBES CHAMAR AO  CAU (981546223) PARA SOLUCIONALO. Lembra facelo nestes días, antes da convocatoria (18 de xullo) para telo preparado e evitar problemas na activación do teu correo.

*A solicitude do concurso pode presentarse en Rexistro unicamente nos seguintes casos:
  • os que presenten modelo de instancia v1 en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais;
  • ou modelo de instancia v3 en situación de excedencia voluntaria por interese particular e excedencia voluntaria por agrupación familiar;
  • ou que non poidan usar o seu correo electrónico corporativo persoal por circunstancia xustificadas.


Non dubides en contactar cos delegados de  STAJ se tes algún problema ou necesitas axuda.
 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.