Este ano a confección de
instancias para participar no concurso de traslado farase mediante a aplicación
informática habilitada para o efecto polo Ministerio de Xustiza. Unha
vez confeccionada a instancia, haberá que imprimila, asinala e escanearla, para enviala por correo
electrónico á dirección de correo que se especificará na convocatoria. Só
poderá presentarse en Rexistro en determinados supostos (ver casos ao final
desta nota)*
O ENVIO DA SOLICITUDE DEBE FACERSE DESDE O
CORREO CORPORATIVO, non sendo válido o uso de contas de correo
privadas.
En Galicia todos os funcionarios temos unha conta de correo
corporativo asignada, cuxa estrutura adoita ser:
nome.apelido1.apelido2 @ xustiza. gal
A esta conta de correo
corporativo accédese desde a INTRANET, pero tamén se pode acceder desde
calquera ordenador, incluso desde o particular da nosa casa, entrando no Servicio
Web ao Funcionario da Administración de Xustiza, ou simplemente poñendo no
navegador a seguinte dirección:
SE NON LEMBRAS O
TEU USUARIO E/OU O CONTRASINAL, DEBES CHAMAR AO
CAU (981546223) PARA SOLUCIONALO. Lembra facelo nestes días,
antes da convocatoria (18 de xullo) para telo preparado e evitar problemas na
activación do teu correo.
*A solicitude do concurso pode presentarse en Rexistro
unicamente nos seguintes casos:
- os que presenten modelo de instancia v1 en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais;
- ou modelo de instancia v3 en situación de excedencia voluntaria por interese particular e excedencia voluntaria por agrupación familiar;
- ou que non poidan usar o seu correo electrónico corporativo persoal por circunstancia xustificadas.
Non dubides en contactar cos delegados de STAJ se tes algún problema ou necesitas axuda.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.