viernes, 12 de julio de 2019

MESA SECTORIAL 11.07.2019: propostas de STAJ


Dende outubro do ano 2017 non se volveu convocar unha mesa sectorial pola Dirección Xeral de Xustiza. Onte (un ano e 8 meses despois) celebrouse  a Mesa Sectorial de Xustiza en Galicia e pasamos a resumirvos o contido da mesma:

CREACIÓN DE NOVOS XULGADOS E DOTACIÓN DE PERSOAL

Como xa sabedes, acordouse a creación de tres novos órganos xudiciais en Galicia con unha dotación de 8 prazas cada un deles: 

Xulgado de Primeira Instancia nº 14 de A Coruña 
Xulgado do Social nº 4 de Santiago de Compostela 
Xulgado do Social nº 6 de Vigo 


Tamén se acordou a creación de 28 prazas novas en distintos órganos xudiciais de Galicia. STAJ considera que a creación dunha praza de xestión no Xulgado de Primeira Instancia nº 6 de Ourense (familia) é unha medida tan insuficiente como inútil e imperceptible será o seu resultado. A solución é a creación dun novo xulgado bis) dado que a ratio de asuntos deste órgano excede dos parámetros propostos polo CGPJ en 2019.

Neste punto as solicitudes de STAJ foron as seguintes:

Débense engadir as seguintes prazas: 


1 praza de tramitación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Caldas de Reis.

1 praza de tramitación ou xestión en cada un dos 3 xulgados de Vilagarcia de Arousa 

4 prazas de tramitación para a Fiscalía de Pontevedra

1 praza de tramitación para a Fiscalía de Vigo

1 praza de tramitación ou xestión no Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Ourense.

1 praza de tramitación para a Fiscalía de Lugo

1 praza de auxilio para o Decanato de Lugo

1 praza de auxilio na fiscalía provincial de A Coruña

1 praza de auxilio no Decanato de Carballo (videoconferencias)

STAJ solicitou que a Dirección Xeral inicie os trámites ante o  Ministerio de Xustiza para a creación de seis novos órganos xudiciais. A situación  é preocupante e a necesidade é imperiosa, e polo tanto a creación de prazas "soltas" nas unidades xudiciais en funcionamento é irrisoria e inútil. A carga de traballo é tan grande,  constante, permanente e ininterrumpida que a única solución  para o mal endémico que afecta a estes órganos xudiciais nestas localidades pasa pola creación  destas sete novas unidades xudiciais:

4º  Xulgado de Primeira Instancia e Instrución para Vilagarcía de Arousa 
3º Xulgado do Penal en Ourense
XULGADO BIS DE FAMILIA en Ourense
2º XULGADO DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER para VIGO
4º XULGADO do Penal de Vigo
4º Xulgado do Social en Lugo 
4º Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribeira

RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA A PROVISIÓN EN COMISIÓN DE SERVIZO, DE FORMA TEMPORAL E POR PETICIÓN DA PERSOA INTERESADA, DE POSTOS DE TRABALLO NOS ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Tódalas prazas de nova creación (vinculadas ou non á creación de órganos novos)  teñen a consideración de  vacantes, polo tanto STAJ considera que  deben acollerse á Resolución de  provisión de postos en comisión de servizos, que está pendiente de negociación, e que según a Dirección Xeral se retomará en setembro.

As prazas que queden desocupadas polas adxudicacións das comisións de servizo, deben cubrirse por substitucións entre titulares.

A Dirección Xeral de xustiza  trasladounos o seguinte:

ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN:

O 30 de setembro entrarán en vigor.
Quedan aprobados os cadros de persoal dos órganos de nova creación, remitiranse ao Ministerio e publicaranse na intranet e na páxina da Consellería de Xustiza. O prazo para pedir será durante o mes de xullo, una vez se publique a convocatoria.
As prazas que queden vacantes, sairán a substitución igual que nas anteriores convocatorias.

PRAZAS DE NOVAS CREACIÓN E AUMENTO DE PLANTEIS :

A lista que non pasaron e provisional e pode cambiar e intetaremos que se engadan as que pedimos e vos describimos anteriormente nesta nota informativa.
Queren que estas prazas estén provisonadas e entren a funcionar  a finais de  este ano.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.