martes, 2 de julio de 2019

Despois da solicitude de STAJ a Audiencia Provincial de Pontevedra conta con seguridade privada polas tardes

Despois de que en numerosas ocasións, os funcionarios/as da Audiencia Provincial de Pontevedra e dos demáis xulgados que teñen a súa sede nese edificio, non puidesen acceder ao seu posto de traballo pola tarde, ao atoparse pechada a porta apartires das 15 horas, onte empezou a prestar servizo unha empresa de seguridade privada, que fará funcións de control de accesos, vixiancia e seguridade durante as tardes. 

Esta solución foi solicitada por STAJ o xoves da semana pasada nun escrito que se lle mandou a DXX, que saliu na prensa escrita Ver noticia n Diario de Pontevedra o venres día 29, no que se esixía unha solucion rápida e definitiva con persoal de seguridade privada, no é de recibo o sistema de timbre que dependia  de que unha persoa baixase a abrir cando puidese,  si non estaba de permiso ou vacaións.

STAJ sempre apostou nas súas solicitudes por persoal de seguridade privada, co gallo de que estivese sempre  a porta aberta durante toda a xornada laboral, tal como, por fin aceptou a Xunta.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.