sábado, 29 de junio de 2019

STAJ solicita vixiancia polas tardes na Audiencia Provincial de Pontevedra.

O pasado xoves mandamos  escrito á DXX:

Dende fai anos, pola falta de persoal que faga funcións de control de accesos, de vixiancia e de seguridade, pola tarde, no edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra, estase a vivir unha situación polo menos curiosa e inaudita, que menoscaba a seguridade e determinados dereitos do persoal que presta nesa sede as súas funcións.

Como consecuencia de que a partires das 15 horas os efectivos da Garda Civil rematan a súa xornada laboral, a porta do edificio pechase a cal e canto, e todos/as funcionarios/as, Letrados/as e Maxistrados/as que queiran desenrolar parte da súa xornada laboral pola tarde, que están no seu dereito, e pasan a depender dunha traballadora para que trala chamada pertinente, lles permita a entrada ou non, tendo que baixar a abirlles desde o seu postos de traballo, sen saber con antelación que chama. Traballadora que se ve obrigada a facer tales funcións a pesares de que non e o seu cometido, identificar e permitir o paso de persoal que aínda que traballan alí, ela nin coñece. Tampouco é o seu cometido facer labouras de seguridade, seguridade que se debe manter tamén durante o horario de tarde por persoal especializado e non por persoal, que ainda que pon toda  a súa boa vontade, non ten nin medios nin formación neste eido.

Isto do que é coñecedor ese  Director Xeral de Xustiza e o Subdirector de Medios de esa Dirección Xeral, xa produxo en varias ocasións que funcionarios/as, letrados/as e maxistrados/as quedasen sen poder acceder ao seu posto de traballo a partires das 3 da tarde. O último episodio deste tipo sucedeu na Nadal pasado cando precisamente a abnegada traballadora, persoal laboral da Xunta estivo de permiso e vacacións, e supoxo que durante esos días a Audiencia estivese pechada pola tarde e sen deixar acceder aos persoal que ten dereito a ir a traballar.

Estamos a días de que esa persoa encargada de abrila porta polas tardes, colla a súas correspondentes vacacións e a Xunta de Galicia segue sen solucionalo problema, mirando para outro lado e deixando, unha vez máis, desprotexidos/as na súa seguridade e no seus dereitos aos funcionarios/as, que non van ter opción de conciliar a súa vida laboral e familiar e que se verán obrigados/as a facer a xornada laboral de mañan.

Se non se remedia de inmediato este problema, solución que debe ser definitiva para non voltar en breve a pasar polo mesmo, e esa solución definitiva solo pasa por contratar persoal de seguridade privada para que preste servizos polas tardes, este Sindicato actuará de inmediato con tódolos instrumentos a seu alcance, e propondrá medidas de presión ao persoal afectado, para poñer fin a esta situación e defender oas traballadores/as dunha actuación irresponsable e dañina da Xunta de Galicia para cos seus empregados/as.

Ver noticia n Diario de Pontevedra


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.