Ante a cercanía das eleccións
sindicais e as dúbidas que teñen moitos compañeiros/as para coñecer con
exactitude que organizacións sindicais
forman parte das correspondentes Mesas Sectoriais , e a representación de cada
un dos Sindicatos nos distintos ámbitos de negociación, temos que aclarar, que
existen dúas Mesas Sectoriais e dous
ámbitos de negociación, e que hai Sindicatos que están nos dous e hai
Sindicatos que solo están nun deles, dependendo da representación acadada nas
correspondentes eleccións sindicais e do
que dispón a Lei.
MESA SECTORIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA.
É a Mesa de negociación coa
Xunta de Galicia, en concreto coa Dirección Xeral de Xustiza, nela trátanse
temas nos que a Xunta de Galicia ten asumido as competencias, moitas veces esas
temas teñen unha normativa básica marcada polo Ministerio ou por unha Lei que
non se pode vulnerar. Para formar parte desta mesa necesitase obter polo menos
un 10% do Delegados de Persoal elexidos entre os 72 (o 10% serian 8 Delegados)
que forman as 4 Xuntas de Persoal de
Galicia, 1 por provincia( A Coruña
23 delegados- Pontevedra 23- Lugo 13 e Ourense 13).
Nesta situación están os
Sindicatos Alternativas na Xustiza-CUT-
CIG- CSIF- STAJ- SPJ-USO e UGT. Pero sen obter o 10% de Delegados CCOO tamen forma parte da Mesa por unha sentenza que considera que sendo un Sindicato
que está na Mesa Xeral da Función Publica de Galicia ( Mesa que aglutina a todo
los sectores de empregados públicos de Galicia) debe estar nesta Mesa Sectorial
aínda que solo conte con 4 Delegados .
MESA SECTORIAL DO MINISTERIO DE XUSTIZA EN MADRID
É a Mesa de negociación co
Ministerio de Xustiza, ten dous ámbitos de actuación, trata temas que afectan a todo o territorio do
Estado e tamen temas que afectan solo ao ámbito que xestiona o Ministerio de
Xustiza. Para estar nesta Mesa e necesario haber obtido o 10% de tódolos
delegados elixidos en todo o territorio
do Estado ( elixense sobre 920, e algo cambiante, polo tanto o 10% serían sobre
92 Delegados) esta condición solo a cumpren CSIF ( sobre 240 delegados)- STAJ
(229 delegados) e CCOO( sobre 165
delegados). Pero tamen está UGT que
ainda que non ten o 10% de representación, pasalle como a CCOO en Galicia, esta
nesta Mesa porque está na Mesa Xeral de Función Publica do Estado. Pero a
maiores forman parte desta Mesa a CIG e
ELA por disposición legal, aínda que contan con moi poucos Delegados (CIG 8 Delegados), son membros por ser Sindicatos mais representativos a nivel Autonomico. Poderia
darse o caso que CCOO, UGT, CSIF e CIG
poderían ser membros de ámbalas Mesas Sectoriais de Galicia e do Ministerio, ainda
que non tiveran un solo Delegado en Xustiza, nin en Galicia nin no Estado.
Cousas da Lei.
Na Mesa Sectorial de Madrid,
non están por tanto nin Alternativas na
Xustiza CUT, que solo ten representación en Galicia, nin SPJ-USO que é representativo en Galicia,
Asturias e Andalucia e está lonxe de alcanzar o 10% de Delegados a nivel
nacional. Estes Sindicatos non solo non negocian nada co Ministerio, nin poden achegar propostas, nin lles pasa ningunha información directa de nada, si poden acceder,
como calquera persoa, a que colga o Ministerio na súa páxina web, o resto da información que difunden de Mesas de Negociación e de informacion achegada polo Minsterio aos Sindicatos que sí sentamos nesa Mesa, e copiada sen permiso, no caso
de SPJ-USO as veces literalmente,
dos blogs e das notas informativas que
difundimos os Sindicatos presentes nela.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.