miércoles, 22 de mayo de 2019

Publicadas axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo

Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 3 de maío de 2019 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade.



Persoas beneficiarias
1. Persoas físicas, homes e mulleres, que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019, ambos incluídos, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %, e que reúnan os seguintes requisitos:
a) No caso de unidades familiares non monoparentais, poderán ser beneficiarios os homes que se acollan á redución de xornada segundo o establecido no artigo 6 desta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.

b) No caso de unidades familiares monoparentais, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada segundo o establecido no artigo 6 desta resolución e sexa traballadora por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.
Contía das axudas
1. A contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas e fillos a cargo da persoa solicitante.
Presentación de solicitudes e prazo
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.