Publicados
novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura
mediante substitución entre titulares con data 1 de abril de 2019.
As
prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou
horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións
o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de
servizo activo e prestando efectivamente servizo.
Terá
preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos
apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os
avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente
se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por
periodos de longa duración. Os/as interesados/as nas substitucións presentarán
as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do
correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares.
No
caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a
ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na
solicitude.
A
información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.