martes, 9 de abril de 2019

Publicada a resolución coas adxudicación das últimas prazas ofertadas para a sua cobertura

Publicada con data 8 de abril de 2019, a resolución coas adxudicación da última publicación de prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución de  adxudicación de postos (só accesible dende o posto de traballo).

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/as adxudicatarios/as, e serán comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dosórganos de orixe e destino para o seu coñecemento.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.