martes, 12 de febrero de 2019

STAJ solicita á Dirección Xeral o ofrecemento de prazas en Ourense a titulares polo sistema de substitución

Hoxe presentamos escrito dirixido á Dirección Xeral de Xustiza, para que ofrezan as prazas adxudicadas no concurso de traslados nas que o/a titular non se incorpore efectivamente e estén cubertas actualmente por persoal interino en prazas de reforzo afectadas pola consolidación. En concreto solicitamos a praza de auxilio xudicial e a praza de tramitación procesual do Servizo de Apoio de Ourense.


O interese suscitado polo persoal titular nas devanditas prazas queda fóra de toda dúbida e a normativa,  dende a LOPX ata a Instrucción de 8 de maio do 2008 sobre sobre substitucións, pasando polo Real Decreto 1451/2005, de 7 de decembro e pola ORDE DO 4 DE OUTUBRO DO 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza,  así o permiten.

A fundamentación detallada da solicitude pódese consultar no seguinte escrito.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.