jueves, 7 de febrero de 2019

EGAP: convocatoria de actividades de formación continua para o primeiro semestre do 2019

No DOG do 6 de febreiro convócanse as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

En concreto, para administración de Xustiza convócanse os seguintes cursos, que dende hoxe xa se poden pedir na zona de matrícula da EGAP. O prazo para matricularse remata o 15/02/2019 ás 23:55 horas.


Básico de Xestión enerxética e mantemento de edificios públicos (presencial)

As valoracións realizadas polos xurados de expropiación en Galicia derivadas da expropiación forzosa (presencial)

Formación en sistemas de información xeográfica SIX aplicada ao planeamento no ámbito da administración (presencial)

Básico en prevención de riscos laborais (teleformación)

Os primeiros auxilios (teleformación)

Estamos pendientes de que se convoquen os cursos específicos de Xustiza que se ofertaron no DOG do 21 de decembro do 2018.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.