martes, 12 de junio de 2018

INFORMACIÓN RELATIVA Á DENUNCIA PRESENTADA POR STAJ ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO DE CORUÑA

Logo da denuncia presentada por STAJ con data 7 de setembro de 2017, o pasado día 28 de maio comparecemos ante a Inspección de Traballo da Coruña polos seguintes motivos:

1.  FALTA DE CONVOCATORIA TRIMESTRAL do Comité de Seguridade e Saúde: alegan que por motivos de folga non se puido convocar e  que por tanto realizaranse xestións para a súa próxima convocatoria.

2.  FORMACION en materia de prevención de riscos:

a) para os funcionarios: desenvolverase un programa que se iniciará na provincia da Coruña entre os meses de outubro-setembro cunha duración de tres horas a través de tele formación.
b) para os delegados de prevención: preténdese implementar cursos básicos pero cun contido máis adaptado ao labor que estes delegados teñen que desenvolver e que afectan as competencias, facultades, garantías, etc.

3.  AVALIACIÓNS DE RISCOS en actuacións xudiciais a realizar fóra da oficina xudicial, tales como nos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos ou calquera outro xulgado que teña que realizar actuacións fóra da oficina xudicial. Despois de case MEDIO ANO a Administración non fixo nada respecto disto, ante o cal a Inspectora lles informa que esa avaliación tería que estar xa feita, dándolle un novo prazo para que realicen ditas actuacións. REQUIRINDO por tanto á Administración para que proceda á debida revisión para incluír a totalidade dos riscos concorrentes nas actividades desenvolvidas polos traballadores cando desempeñen funcións fóra das oficinas xudiciais.

4. AVALIACIÓNS DE RISCOS PSICOSOCIAIS: a Inspección lembra á Administración a súa obriga de realizar este tipo de avaliacións alí onde existan indicadores de riscos psicosociais que permitan identificar situacións de risco que requiran da realización dunha avaliación específica, así como unha relación dos centros para avaliar.

5.  ACCIDENTES DE TRABALLO: a  DXX está a manter conversacións con  MUGEJU a ver como poden facer, xa que os accidentes de traballo non se lles comunica. Que se debe regular un procedemento no comité de saúde para informar aos  RLT de todos os accidentes de traballo e enfermidades laborais sufridos polos traballadores e así facilitarlles un informe de sinistralidade a fin de realizar un control dos mesmos.

6.  SIMULACROS preténdese facer a formación en setembro para iniciar os simulacros en outubro, ao parecer nalgún centro de traballo NUNCA se fixeron.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.