miércoles, 6 de junio de 2018

CONCURSO DE TRASLADOS 2018: periodo probable de publicación no BOE


O Ministerio informounos de que  está a rematar de reunir tódalas prazas vacantes que lle enviaron as comunidades autónomas con competencias transferidas.

A intención do Ministerio é publicar o concurso canto antes,  pero polos trámites que quedan pendentes,  podemos dar como datas probables de publicación no BOE finais de xuño ou primeiros de xullo. En canto teñamos a confirmación da data oficial por parte do Ministerio, informarémosvos.


No hay comentarios :

Publicar un comentario