miércoles, 4 de abril de 2018

Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

O persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma de Galicia que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. 

Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I.

Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.