Compañeiras e
Compañeiros!!
O
Presidente da Xunta di que percibe un tic antidemocrático nos sindicatos de
xustiza… ¿Por que Sr. Feijóo, por exercer os nosos dereitos fundamentais a
folga e a liberdade de expresión? ¿E iso o que tanto lle molesta?
Sr.
Feijóo, vostede si que ten un grave problema coa democracia, porque é vostede
quen incumpre o mandato parlamentar que lle pide que remate coa discriminación
sufrida polas traballadoras e traballadores da Xustiza en Galicia. Vostede si
que ten un grave problema coa democracia cando é incapaz de entender que, pola
súa irresponsabilidade, estase a paralizar un poder do estado en Galicia, o
Poder Xudicial.
Sr.
Feijóo, ¿pode haber un comportamento moralmente máis ruín que empregar aos máis
desfavorecidos para poñer en contra das traballadoras e os traballadores da
xustiza a sociedade galega?
¿Que
é o que nos está a dicir Sr. Feijóo, que nos témos que deixar maltratar por
vostede, porque hai outros aos que maltrata aínda máis? De ningunha maneira!!
Nin a eles nin a nós!! Respecto e dignidade para todos, Sr. Feijóo!! Repecto e
dignidade!!
¿Quen
é vostede para falar dos que peor o pasan? cando foi vostede quen conxelou o
orzamento da Xustiza Gratuíta entre os anos 2010 e 2016, cando foi vostede quen
abandonou a súa sorte a milleiros de familias galegas que non puideron defender
os seus dereitos ante os tribunais por carecer de recursos económicos, e cando
foi vostede quen os deixou nas mans da banca carroñeira que os botou das súas
casas se quedou cos seus bens.
Quen
é vostede para falar de xustiza social, cando se sube o seu soldo e os dos seus
conselleiros un sete por cento? Perto de 6000 euros anuais, Sr Feijoo
Sr.
Feijóo, a vostede non lle admitimos nin unha lección democracia nin moito menos
de dignidade. Non, a vostede si que non. E se quere facer algo por solucionar o
conflito, comece por dicirlle ao Conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, que non
minta.
Porque
Rueda, vostede engana, manipula e minte!!
Mentiu
en sede parlamentar cando dixo que se sentou máis dunha vez cos sindicatos,
cando vostede sabe que nin unha soa vez nos últimos oito anos.
Mentiu cando en vésperas dunha reunión dixo que na
seguinte habería avances substanciais, e o que fixo foi enviar ao seu sicario
político, o director xeral de función pública, José María Barreiro, cunha
oferta aínda peor que a anterior.
Mentiu
cando falou de melloras nos casos de violencia contra a muller, porque hai máis
dun ano que o Director Xeral de Xustiza abandonou o inicio dunha negociación
para acadar un gran acordo que implicase a administración, sindicatos, e a
institucións públicas e privadas.
Mentiu
cando dixo que a Xunta estaba disposto a ceder na discriminación nos descontos
por baixas laborais,co fin de equiparalos aos establecidos para xuíces, fiscais
e letrados xudiciais.
Minte,
minte e minte Sr. Rueda!!
Compañeiras
e compañeiros!! Así é cómo dialogan o sr. Feijoo e o Sr. Rueda: vaise falar do
que eu diga, como eu diga e con quen eu diga.
Vostedes
non é que teñan un tic antidemocrático, o seu xa é unha convulsión permanente!!
Que
quede ben claro!! As traballadoras e traballadores da xustiza galega non admitimos
sicarios políticos que nos envíen a emigración!! Queremos transparencia.
Queremos a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais!! e queremos que
se cumpra o mandato parlamentar que poña fin á discriminación na xustiza
galega.
Porque
iso é o que ten que facer vostede, Sr. Feijóo!! Repectar os mandatos da
soberanía popular!!
Compañeiras
e compañeiros!! Temos o dereito e temos a razón!! Nin un paso atrás!! Por
dignidade!!
Contra a prepotencia…!!