STAJ
compareceu hoxe no Congreso dos Deputados para expoñer ante a Subcomisión de Estratexia Nacional
de Xustiza os problemas principais que padecemos os funcionarios de Xustiza.
STAJ
reclamou máis persoal, potenciación da promoción interna, solución á
precariedade laboral, e un recoñecemento retributivo polas funcións e
responsabilidades que asumimos os funcionarios.
STAJ
mostrou o seu rexeitamento a medidas que supoñan unha privatización encuberta
da Administración de Xustiza,
debendo potenciarse mecanismos de mediación intrajudicial na que os
funcionarios de Xustiza debemos ter un papel importante tal como a propia LOPJ
prevé.
STAJ
tamén reclamou mellores sedes xudiciais, modernización tecnolóxica, solución
aos problemas da implantación da Xustiza Dixital, ou a revisión da organización
da Oficina Xudicial
mellorando o dereito á elección de postos de traballo e a potenciación da
especialización dos postos.
STAJ
reclamou máis formación impartida directamente pola Administración, sen
intermediarios.
Tamén apostou pola independencia xudicial que debe potenciarse a todolos
integrantes da Administración de Xustiza para o que é preciso lograr unha
verdadeira independencia económica de quen traballo nela.
STAJ
tamén defendeu o carácter nacional dos Corpos e un estatuto xurídico único para todos os funcionarios da
Administración de Xustiza de todo o Estado.
Por
último STAJ rexeitou posibles proxectos de reorganización da Xustiza baseados
na diminución dos partidos xudiciais e a desaparición dos Xulgados de Paz, así
como a desjudicialización do Rexistro Civil reclamando o seu mantemento dentro da Administración
de Xustiza coa mesma demarcación e funcións actuais.