lunes, 2 de octubre de 2017

STAJ denuncia que unha avaría nos sistemas de gravación dos Xulgados de Caldas de Reis obriga a suspender xuízos dende hai dúas semanas

O sistema de gravación destes Xulgados falla prácticamente a diario, o que  está xerando unha indignación que vai en aumento tanto do persoal dos dous xulgados de Caldas como dos profesionais e cidadáns que van ós xuízos e teñen que dar a volta porque o sistema volveu a fallar. Dende este sindicato reclamamos á Xunta de Galicia que instale un novo aparato de gravación e arranxe este problema inaudito na era dixital que nos ocupa.