Despois de que STAJ fixese alegacións, e de que na Mesa Sectorial da pasada semana en Madrid se amenazase con impugnar as bases das convocatorias de promoción interna, por alteración unilateral das mesmas despois de rematada a negociación cos Sindicatos; no día de onte o Ministerio de Xustiza comunicounos que respeto da penalización das preguntas non acertadas nos exames tipo test para o acceso aos Corpos de Xestión e Tramitación Promoción Interna, o texto definitivo que se publicará próximamente no BOE recollerá a penalización que figuraba nos borradores que se negociaron cos Sindicatos, e decir descontando 0,50 puntos por pregunta fallada, non puntuando as non contestadas, rectificando así a súa postura que obstaculizaba aínda máis a promoción interna. O Ministerio gracias á presión deste Sindicato entra en razón e anula a posibilidade de penalizar as preguntas erradas hasta con dous puntos.