No BOE de hoxe, día 4 de outubro, publícanse as bases da convocatoria de oposicións para a quenda de PROMOCIÓN INTERNA dos corpos de Tramitación e Xestión
O prazo para presentar
as instancias é de 20 días hábiles.
Lembrade que se pode presentar nas dúas quendas (promoción interna e turno libre - unha vez que se convoque ésta), que non se pode presentar en dous ou máis ámbitos territoriais e que se mantén a penalización de 0,50 puntos por pregunta fallada despois de
prosperar a nosa oposición firme ó intento do Ministerio de aumentar a
penalización dos fallos.
As
NOVIDADES con respecto á anterior convocatoria de decembro do 2015, son
as seguintes:
XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA (consistente en dúas
probas : test + 10 preguntas curtas relativas a un caso práctico)
- - Increméntase o tempo para realizar as probas no primeiro exercicio en 15 minutos máis.
- - Suprímese o tema 1 e redúcese o temario a 35 temas, xa que está incluido para o acceso ó corpo inferior.(proposta de STAJ)
- - Suprímese o exercicio de redacción dun tema (a escoller entre tres) e posterior lectura. (proposta de STAJ)
- - O exercicio de preguntas curtas relativas a un caso práctico auméntase de cinco a dez preguntas.
TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA (consistente en dúas
probas: test teórico + word)
- - Increméntase o tempo para realizar a proba tipo test do primeiro exercicio en 20 minutos máis.
- - Suprímese a proba tipo test de carácter práctico que consistía en contestar 10 preguntas tipo test referidas a un caso práctico que expuña o Tribunal.
- - A proba de Word segue sen cambios
NOVIDADES
COMÚNS A AMBOS CORPOS (TRAMITACIÓN E XESTIÓN)
- - Como resposta á proposta de STAJ recóllese na convocatoria que o tempo traballado como funcionario titular, interino ou substituto no Corpo superior compútase para os efectos de cumprir o requisito dos dous anos para poder promocionar.
- - Respecto do baremo para a fase de concurso, increméntase o valor da antigüidade, inclúense novas titulacións que dan puntuación; increméntase a puntuación das titulacións, e barema o aprobar exercicios de anteriores convocatorias.
- - Con respecto ás persoas aprobadas sen praza, se nalgún territorio se produciran vacantes, poderán ser ofrecidas ós/ás aspirantes que por estricto orde de puntuación final estén dispostos/as a cambiar de territorio (véxase punto 1.3 das Bases Específicas)