Catalá busca un acordo político para aprobar unha nova Lei de Axuizamento Criminal
O ministro de Xustiza quere implantar nesta lexislatura unha nova Lei de Axuizamento Criminal, así como unha reforma do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. Tanto para facer unha cousa como a outra necesita apoios dos grupos parlamentarios e a eles apelou no acto de apertura dun curso sobre a investigación fiscal celebrado en Bergondo.
Manifestou o ministro que a actual Lei de Axuizamento Criminal está cada vez máis desenganchada da realidade actual. Tendo en conta que esta Lei se aprobou no século XIX e foi obxecto dunha trintena de modificacións, a maior parte delas antes do 2006, decir que está desenganchada da realidade é como mínimo redundante, de momento haberá que esperar.
Accede á noticia completa de confilegal.com