viernes, 29 de septiembre de 2017

Xuros paga extra 2012.

Como xa vos informamos no seu día, en novembro do ano pasado a Xunta decidiu pagar de motu popio, para evitar unha avalancha de reclamacións xudiciais, os xuros devengados nas reclamacións xudiciais da paga extra de 2012. Referímonos en concreto, ós que fixestedes relamacións xudiciais a través do procedemento de extensións de efectos, sobre todo nas provincias de A Coruña e Pontevedra, pois a sentenza de  Ourense non recoñecía xuros e en Lugo apenas se fixeron extensións de efectos a dictarse a sentenza moi tarde, xa cando a Xunta empezara a pagar voluntarimente a paga extra.

Os xuros que están a pagar refírense ó periodo que vai desde a interposición da demanda de extension de efectos ata o pago total da paga extra, pero como ese pago foi dividido en catro partes, debemos ir descontando do principal cada vez que nos ingresaban unha cantidade.

Na Coruña o pago iniciouse xa a primeiros deste ano e séguese pagando pero moi lentamente, en Pontevedra, segundo nos conta a Habilitación, houbo unha primeira remesa que cobraron nos meses de maio e xuño, logo suspendéronse e nestes días chegou fiscalizada outra remesa que cobrará na nómina de outubro, ainda faltan moitas.

O retraso ten que ver coa fiscalización por Facenda desas cantidades que eles mesmos calculan, e que están a facer a contagotas, ainda así asegúrannos que ninguén vai quedar sen cobrar e que solo é cuestion de tempo.

O pago producese na nómina ordinaria e figurara como "intereses legais sentenza".