O pasado venres, o Servizo de Prevención da Xunta de Galicia que acompañou a Sra. Directora Provincial e o Sr. Subdirector de medios, presentou ante a Inspección de traballo da Coruña, un informe sobre a distribución dos postos asignados a cada un dos funcionarios que prestan servizo nos Xulgados do mercantil da Coruña.
Examinada, a documentación e á vista do tan reducido espazo de traballo do que dispoñen os traballadores, pídese explicacións á Administración, manifestando o Subdirector de Medios que o unico que se fixo foi, trasladar aos xulgados do mercantil, xunto co seu mobiliario (debido a que non se lles podía facilitar outro novo pola falta de medios ) e situalo sen máis, nesas dependencias que antes estiveron ocupadas por persoal pertencente a outro xulgado. Que se o Juzgado saínte non tivo problemas de espazo, supúxose que os Mercantís tampouco o terían. Que para paliar ese problema, procederíase a trasladar os armarios a un espazo que nestes momentos atópase baleiro, no outro extremo da planta, facilitando un carriño para o traslado de expedientes que necesiten os traballadores. Matizou que só se recolocarían os arquivos pero non ao persoal, porque tiña "instrucións" nese sentido xa que o mesmo está destinado a xulgados de nova creación.
Ante a total falta de empatía que demostrou ter o Subdirector de Medios coas condicións nas que deben desempeñar o seu traballo os funcionarios dos Xulgados do mercantil da Coruña, a Inspección de traballo, sinalou unha nova data que quedou fixada para o próximo dia 20 de outubro ás 9,30 hrs. requirindo "in situ" á Administración para que lle sexa entregado:
- plano de localización dos arquivos
- ancoraxe de estanterias soltas
- seguimento de escritos presentados á administración é que non foron contestados
- Informe previa asúa avaliación de "os espazos de traballo"
- Informe do resultado do simulacro de "evacuacion" que teñen que realizar nese edificio