martes, 26 de septiembre de 2017

A Xunta licitará o novo edificio xudicial de TUI.

O Drectorr Xeral de Xustiza avanzou  que de forma inminente se licitarán as obras do novo edificio xudicial de Tui. Para esta infraestrutura está previsto un investimento de máis de 2,2 millóns de euros.
As obras ntegran a rehabilitación do antigo centro de saúde de Tui para dedicalo á nova sede xudicial, reagrupando nela as dependencias que na actualidade están dispersas.

Deste xeito darase unha solución integral ás necesidades de espazo xudicial da vila, garantindo incluso futuros crecementos e permitirá solventar definitivamente os problemas de espazo das sedes xudiciais de Tui. Unha vez este finalizado a rehabilitación, 25 traballadores e traballadoras se trasladarán a este edificio.
 
[Fonte: Xunta de Galicia]