O día 25.05.2017 o CGPJ acordou a especialzación de xeito
exclusivo e non excluyente de catro xulgados de primeira Instancia, un por
provincia, para asumi-las demandas das cláusulas chan das hipotecas dos
particulares que entrará en funcionamento a partir do 1 de xuño do 2017. Non só
se limitarán a coñecer dos contratos hipotecarios senón tamén dos gastos de
formalización, o vencemento anticipado, intereses moratorios ou hipotecas
multidivisas, ademais dos asuntos que de maneira ordinaria lles corresponda por
turno, o que aumentará e forma exponencial a carga fde traballo destes catro
órganos
Os xulgados designado na Comunidade Autónoma galega son
os seguintes:
Xulgado de
Primeria Instancia número 7 de A Coruña,
Xulgado de
Primeria Instancia número 2 de Lugo,
Xulgado de
Primeria Instancia número 4 de Ourense
Xulgado de
Primeria Instancia número 14 de Vigo
Ese Acordo do Consello do Poder Xudicial contempla a
posibilidade de nombrar un/unha xuiz/a de reforzo a aqueles xulgados que os
vaian necesitando, a esto debe seguir ipso
facto a dotación de medidas no ámbito do persoal dos xulgados afectados, que poden consistir no ofrecemento de prolongacións de xornada para todos os integrantes da plantilla, incluidos os Auxilios Xudiciais ou na designación do persoal inerino de reforzó ó servizo da administración de xustiza para atende-lo
inxente volumen de demandas que se esperan e que conlevan unha tramitación
complexa con multitude de trámites inherentes ós propios contratos
hipotecarios
É INADMISIBLE QUE ESES XULGADOS ASUMAN ESAS CARGA DE TRABALLO SIN MEDIDAS QUE REFORCEN O PERSOAL, POLO QUE STAJ
SOLICITOU DA DXX O PASADO VENRES DIA 26 :
Que con anterioridade ao 1 de xuño, data en que eses
catro xulgados afrontaran as demandas das
cláusulas chan:
1.- Se ofreza todo ó persoal do xulgados implicados a
posibilidade de escoller voluntariamente unha prolongación de xornada,
prolongacións de xornada que deben ser iguais en numero que a plantilla do
xulgado, incluindo aos integrantes do Corpo de Auxilio.
Ver escrito presentado