A Xunta de Galicia comezará de maneira
inmediata co traslado á nova sede xudicial de tabacos, unha vez que o concello
da Coruña comunicase hoxe mesmo o outorgamento da licenza de actividade.
Esta mañá, o concello da Coruña comunicou
que concede a licenza de legalización e primeira ocupación para o edificio
rehabilitado da Antiga Real Fábrica de Tabacos para ser destinada a
infraestruturas xudiciais.
Desta maneira, a Xunta poderá levar xa a
cabo a mudanza da Audiencia Provincial, da Fiscalía Provincial (incluída a
fiscalía de menores), o Xulgado de menores, o Xulgado de vixiancia
penitenciaria, as oficinas da Secretaría Provincial de Coordinación, as
oficinas da Xunta Electoral Provincial, e a Mutualidade Xeral de Funcionarios
de Xustiza.
[Fonte: Xunta de Galicia]