martes, 13 de diciembre de 2016

A Xunta rehabilitará o antigo centro de saúde de TUI como novo edificio xudicial

A Xunta de Galicia vai investir máis de dous millóns de euros para poder concentrar os tres xulgados de Tui nun único edificio xudicial. Esta mellora será posible grazas ás obras de rehabilitación no antigo centro de saúde, que o Goberno galego prevé comezar xa o vindeiro ano 2017.

O proxecto reagrupará os tres xulgados de Primeira Instancia e Instrución de Tui nun único espazo e permitirá satisfacer necesidades que actualmente non se poden atender como unha zona zona de arquivo, a a dotación dunha oficina de atención á vítima de violencia de xénero, se é necesario, así como zona de espera e acceso separado para as vítimas de violencia de xénero.

A rehabilitación do centro de saúde para sede xudicial de Tui suporá un investimento de más de dous millóns de euros. O proxecto ten consignados 700.000 euros para o próximo ano no proxecto de orzamentos do Goberno galego e 1,5 previstos para 2018.
Actualmente os xulgados atópanse en dous edificios, o número 1 e o número 2 nun edificio transferido no ano 1995, de titularidade actual da Xunta de Galicia, e o número 3 nun local en cesión de uso de titularidade do Concello.
ESTA ACTUACIÓN FOI DEFENDIDA POR STAJ COMO MELLOR SOLUCIÓN OS PROBLEMAS DE ESPAZO DOS XULGADOS DE TUI, AINDA QUE SE PUDO TOMAR MOITO ANTES.