martes, 30 de agosto de 2016

Aclaracións á nómina do mes de Agosto

Tras varias chamadas de compañeiros relativas á nómina do mes de Agosto de 2016, concretamente compañeiros do corpo de Xestión, e tras varias xestións realizadas, informamos que as cantidades cobradas referentes á paga extra do ano 2012, que como sabedes debían de pagar o 25% este mes, temos que ter en conta unha cantidade que en febreiro de 2013 pagáronnos, -o corpo de xestión lle pagaron máis co resto- asi pois sumada esa cantidade ó cobrado este mes referente a extra, teríanos que dar o 25% da extra.

Así pois si queremos estar seguros de si a cantidade é correcta, temos que ter a man a nómina de xullo de 2012 e comparar as cantidades pagadas en concepto de extra suprimida no 2012 e a cantidade percibida en febrerido de 2013, e darnos unha cantidade moi aproximada á nómina de xullo de 2012.

De todos modos  deixámosvos os correos electrónicos das respectivas habilitacións para calquera dúbida ou incidencia relativa á nómina:


Habilitación de A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.es 
Habilitación de Lugo: nominas.xustiza.lugo@xunta.es 
Habilitación de Ourense: nominas.presidencia.ourense@xunta.es 
Habilitación de Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es